DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2024 Páx. 23541

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos, polo sistema de concurso, dentro do procedemento extraordinario de estabilización do emprego público.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 246, do 29.12.2022, publicáronse integramente as bases xerais reguladoras dos procesos de estabilización de emprego temporal polo sistema excepcional de concurso e polo sistema de concurso-oposición, e no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 247, do día 30.12.2022, publicáronse as convocatorias e bases específicas que rexerán as convocatorias dos procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal do Concello de Mugardos, incluídas na oferta de emprego público extraordinaria de 2022, de acordo coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e que a seguir se relacionan:

– Unha (1) praza de persoal laboral fixo de animador/a sociocultural, pertencente ao grupo de clasificación III, asimilada á escala de Administración especial, subescala técnica, grupo C, subgrupo C1, mediante o sistema de provisión por concurso de méritos.

– Unha (1) praza de persoal laboral fixo de animador/a deportivo, pertencente ao grupo de clasificación III, asimilada á escala de Administración especial, subescala técnica, grupo C, subgrupo C1, mediante o sistema de provisión por concurso de méritos.

– Unha (1) praza de persoal laboral fixo de oficial de primeira, servizo auga, pertencente ao grupo de clasificación IV, asimilada á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de provisión por concurso de méritos.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da data de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Mugardos, 15 de marzo de 2024

O alcalde
P.D. de competencia (R.A. 2023-0615, do 26.6.2023)
José Miguel Mahía Prados
Concelleiro delegado de Urbanismo,
Rehabilitación, Mobilidade e Réxime Interior