DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Domingo, 14 de abril de 2024 Páx. 23548

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 44/2024, do 14 de abril, polo que se nomean os titulares das consellerías da Xunta de Galicia.

Establecida a nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia mediante o Decreto 42/2024, do 14 de abril, procede o nomeamento dos seus titulares.

Na súa virtude, no uso das atribucións que me confiren o artigo 16, número 3º, do Estatuto de autonomía de Galicia, e o artigo 26, número 1º, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear titulares das consellerías da Xunta de Galicia as persoas que a continuación se relacionan:

– Diego Calvo Pouso, como conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.

– Ángeles Vázquez Mejuto, como conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático.

– Román Rodríguez González, como conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

– Fabiola García Martínez, como conselleira de Política Social e Igualdade.

– María Jesús Lorenzana Somoza, como conselleira de Economía e Industria.

– Miguel Corgos López-Prado, como conselleiro de Facenda e Administración Pública.

– María Martínez Allegue, como conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

– Antonio Gómez Caamaño, como conselleiro de Sanidade.

– José López Campos, como conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude.

– José González Vázquez, como conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración.

– María José Gómez Rodríguez, como conselleira do Medio Rural.

– Alfonso Villares Bermúdez, como conselleiro do Mar.

Santiago de Compostela, catorce de abril de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente