DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 15 de abril de 2024 Páx. 23584

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (Diario Oficial de Galicia número 78, do 24 de abril).

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dispón no seu artigo 15.1, relativo á publicidade das subvencións concedidas, que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a contía concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

O artigo 26.6 da Orde da Consellería de Promoción e Igualdade do día 12 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril) pola que se estableceron as bases reguladoras e se procedeu á convocatoria pública das axudas e subvencións para programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (código de procedemento TR353B) establece que as subvencións concedidas se publicarán, con expresión da entidade beneficiaria, a contía e a finalidade, no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

A convocatoria tiña como finalidade establecer as bases reguladoras e a convocatoria pública das axudas e subvencións do ano 2023 para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación (programas de emprego), dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O financiamento das axudas previstas na orde de convocatoria efectuouse con cargo aos créditos da aplicación 11.50.322A.460.2 (código de proxecto 2023 00111), estando cofinanciadas nunha porcentaxe do 60 % a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027, en particular, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.03

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas para os programas de emprego para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Orde do 12 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril), segundo o anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2024

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación

ANEXO

Expediente

Entidade beneficiaria

CIF

Aplicación orzamentaria

Concedido 2023

Concedido 2024

15/00001/23

Concello da Coruña

P1503000J

11.50.322A.460.2

212.418,48

212.418,48

15/00002/23

Concello de Fene

P1503600G

11.50.322A.460.2

212.418,48

212.418,48

15/00004/23

Concello de Santiago de Compostela

P1507900G

11.50.322A.460.2

212.418,48

212.418,48

15/00006/23

Concello de Betanzos

P1500900D

11.50.322A.460.2

212.418,48

212.418,48

15/00007/23

Concello de Rois

P1507500E

11.50.322A.460.2

199.142,33

199.142,32

15/00009/23

Concello de Val do Dubra

P1508900F

11.50.322A.460.2

212.418,48

212.418,48

27/00002/23

Concello de Ribadeo

P2705100B

11.50.322A.460.2

212.418,48

212.418,48

32/00001/23

Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín

P3200025I

11.50.322A.460.2

212.418,48

212.418,48

32/00002/23

Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense

P3200026G

11.50.322A.460.2

212.418,48

212.418,48

36/00001/23

Concello de Vilagarcía de Arousa

P3606000B

11.50.322A.460.2

212.418,48

212.418,48

36/00003/23

Concello de Valga

P3605600J

11.50.322A.460.2

212.418,48

212.418,48

36/00004/23

Concello de Vigo

P3605700H

11.50.322A.460.2

212.418,48

212.418,48

36/00005/23

Concello de Redondela

P3604500C

11.50.322A.460.2

212.418,48

212.418,48

36/00008/23

Concello de Vilanova de Arousa

P3606100J

11.50.322A.460.2

212.418,48

212.418,48

36/00011/23

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

P8605704I

11.50.322A.460.2

212.418,48

212.418,48