DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 15 de abril de 2024 Páx. 23739

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO de convocatoria das bases xerais e específicas dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 53, do 14 de marzo de 2024, publícanse as bases xerais e específicas reguladoras dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal do Concello de Cabanas, no ámbito de aplicación da disposición adicional 6ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes de redución da temporalidade no emprego público, en execución da oferta de emprego público extraordinaria, aprobada pola Resolución da Alcaldía 704/2022, para a provisión das seguintes prazas:

Denominación

Nº de vacantes

Tipo persoal

Grupo

subgrupo

Sistema

selectivo

Operario condutor

2

Laboral

IV

Concurso

Peón

1

Laboral

V

Concurso

Arquitecto/a

1

Laboral

I

Concurso

Arquitecto/a técnico/a

1

Laboral

II

Concurso

Limpador/a centro saúde

1

Laboral

V

Concurso

Auxiliar de axuda no fogar

5

Laboral

V

Concurso

Traballador/a social

1

Laboral

II

Concurso

Educador/a familiar

1

Laboral

II

Concurso

A presentación de solicitudes farase durante o prazo de vinte (20) días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Cabanas, 21 de marzo de 2024

Fernando Couce Rodríguez
Alcalde