DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 15 de abril de 2024 Páx. 23740

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrenda

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo na oferta pública de emprego de 2023 (OPE 2023), auxiliar administrativo/a con funcións de secretario/a do Xulgado de Paz, polo procedemento de concurso-oposición (expediente 99/2024).

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 56, do 19 de marzo, apareceu publicado o edicto polo que se anunciaba a convocatoria da contratación dunha praza de auxiliar administrativo/a con funcións de secretario/a do Xulgado de Paz, en réxime de persoal laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición, de acordo coa oferta pública de emprego de 2023.

As bases da convocatoria atópanse no boletín provincial antes indicado e no Portal de transparencia do concello no enderezo sinalado máis abaixo.

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles contados a partir da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado. Tras esta publicación, as restantes verificaranse no taboleiro de edictos do concello –físico e electrónico– e, se for o caso, no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Enderezo das bases xerais da convocatoria:

– «Concello de Padrenda/Sede electrónica /Portal de transparencia/1. Institucional/1.7. Persoal/1.7.2. Oferta de emprego público/2024/99 OPE-2023 auxiliar administrativo/a e secretario/a do Xulgado de Paz» ou

https://padrenda.sedelectronica.es/transparency/49071c61-f58a-4917-b5c9-caeb53ddd11d/

Padrenda, 19 de marzo de 2024

Manuel Pérez Pereira
Alcalde