DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 15 de abril de 2024 Páx. 23741

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrenda

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo na oferta pública de emprego de 2023 (OPE 2023), peón do servizo de augas, polo procedemento de concurso-oposición (expediente 94/2024).

No Boletín Oficial da provincia de Ourense nº 56, do 19 de marzo de 2024, apareceu publicado o edicto polo que se anunciaba a convocatoria da contratación dunha praza de peón do servizo de augas, en réxime de persoal laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición, de acordo coa oferta pública de emprego de 2023.

As bases da convocatoria encóntranse nese boletín provincial antes indicado e no Portal de transparencia do Concello no enderezo sinalado máis abaixo.

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles, contados a partir da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado. Tras esta publicación, as restantes verificaranse nos taboleiros de edictos do Concello -físico e electrónico- e, de ser o caso, no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Enderezo das bases xerais da convocatoria:

– «Concello de Padrenda / Sede electrónica / Portal de transparencia / 1. INSTITUCIONAL / 1.7. PERSOAL_PERSONAL / 1.7.2. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO_OFERTA DE EMPLEO PÚBLICO / 2024/94 OPE-2023 Peón servizo de augas» ou

– https://padrenda.sedelectronica.es/transparency/dbeadf78-0c72-44af-a03a-68e90cff0752/

Padrenda, 19 de marzo de 2024

Manuel Pérez Pereira
Alcalde