DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 16 de abril de 2024 Páx. 23946

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de coordinador/a de Atención Primaria do Servizo Virxe Peregrina Pontevedra.

Pola Resolución do 24 de xaneiro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 25, do 5 de febreiro), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de coordinador/a de Atención Primaria do Servizo Virxe Peregrina Pontevedra.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar o posto de Coordinador/a de Atención Primaria do Servizo Virxe Peregrina Pontevedra na Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés á aspirante seleccionada, relacionada no anexo I.

Segundo. O/a aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous (2) días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 5 de abril de 2024

José Manuel Flores Arias
Xerente Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés

ANEXO I

Adxudicación praza

Apelidos e nome

DNI

Código

Denominación

Servizo/unidade

Varela Buceta, Adriana

***1305**

S-A2-357

Coordinador/a do Servizo de Atención Primaria

Atención Primaria Virxe Peregrina Pontevedra (Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés)

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.