DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 16 de abril de 2024 Páx. 23944

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e instalacións mariñas (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro de 2022), pola que se publican as notas do primeiro exercicio.

Na sesión que tivo lugar o 21 de novembro de 2023, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e instalacións mariñas (DOG número 245, do 27 de decembro de 2022),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base III.1.1.1 da convocatoria e de acordo cos criterios de corrección publicados, para superar o exercicio era necesario obter o 50 % das respostas correctas en cada unha das partes, tanto na primeira común como na segunda específica do programa.

Segundo. Antes de efectuar a cualificación, por decisión do tribunal e á vista das alegacións, anulouse a pregunta 159, que se substitúe pola pregunta de reserva 161. Tamén se modificou a resposta da pregunta 3, cuxa resposta correcta pasa a ser a opción C, e a resposta da pregunta 7, cuxa resposta correcta pasa a ser a opción A.

Terceiro. Unha vez feitas as anteriores modificacións, cualificáronse os exercicios. Das 8 persoas presentadas, 1 obtivo máis do 50 % das respostas correctas na parte común, 3 obtiveron máis do 50 % das respostas correctas na parte específica e 3 non obtiveron este mínimo en ningunha das dúas partes.

Porén, ningunha das persoas obtivo o 50 % en ambas as partes do exame, requisito exixido polas bases da convocatoria para superar o exercicio.

De conformidade co previsto na base III.1.1.1 da convocatoria, como o número de aspirantes do exercicio non superaba o número de prazas multiplicado por catro (4), valorouse como mínimo o 40 % das respostas correctas.

Non obstante, aplicando esta porcentaxe non cambiou a avaliación e ningún dos aspirantes obtivo polo menos o 40 % de respostas correctas en ambas as partes do exame.

Cuarto. Publícanse o cadro de respostas definitivo resultante das modificacións mencionadas no punto segundo e as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e instalacións mariñas, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base V.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de abril 2024

Álvaro Baaliña Insua
Presidente do tribunal