DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 16 de abril de 2024 Páx. 23997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 1/99 e nove máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión do 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 11.3.2024 figuran os seguintes acordos:

– MVMC Gilfonso ou Cabalar (expediente 1/99), pertencente aos veciños da parroquia do Pereiro, no concello de Alfoz.

O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade do Pereiro para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 13.12.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_99), en que se recolle que a superficie do monte Gilfonso ou Cabalar pasa a ser de 249,74 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– MVMC Hospital (expediente 57/73), pertencente aos veciños do Hospital, na parroquia do Hospital, no concello de Pedrafita do Cebreiro.

O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade do Hospital para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. A solicitude foi mellorada o 19.12.2023 tras o requirimento oportuno.

O 29.2.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_146), en que se recolle que a superficie do monte Hospital pasa a ser de 168 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– MVMC Vilela (expediente 79/75), pertencente aos veciños de Vilela, da parroquia de Noceda, no concello de Folgoso do Courel.

O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilela para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 4.1.2024 foi presentada unha emenda da solicitude.

O 29.1.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_160) en que se recolle que a superficie do monte Vilela pasa a ser de 177,324 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– MVMC Vila de Mouros (expediente 27/77), pertencente aos veciños da parroquia de Vila de Mouros, no concello do Incio.

O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vila de Mouros para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras o requirimento oportuno, o 12.1.2024 foi presentada unha emenda da solicitude.

O 26.1.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_162), en que se recolle que a superficie do monte Vila de Mouros pasa a ser de 101,084 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

– MVMC Portela (expediente 107/76), pertencente aos veciños de Portela, parroquia de Gundriz, no concello de Samos.

O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Portela para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras o requirimento oportuno, o 29.1.2024 foi presentada unha emenda da solicitude.

O 8.2.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_164), en que se recolle que a superficie do monte Portela pasa a ser de 210,599 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

– MVMC Xuguiño (expediente 17/76), pertencente aos veciños de Xuguiño, na parroquia de Sequeiros, concello de Quiroga.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Xuguiño para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras o requirimento oportuno, o 26.1.2024 foi presentada unha emenda da solicitude.

O 9.2.2024 o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_173), en que se recolle que a superficie do monte Xuguiño pasa a ser de 72,464 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

– MVMC Paradaseca (expediente 56/76), pertencente aos veciños da parroquia de Paradaseca, no concello de Quiroga.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Paradaseca para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras o requirimento oportuno, o 24.1.2024 foi presentada unha emenda da solicitude.

O 31.1.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_195), en que se recolle que a superficie do monte Paradaseca pasa a ser de 683,404 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VII, ao final deste anuncio.

– MVMC Rioseco (expediente 117/76), pertencente aos veciños de Barreiro e Nogueira, na parroquia de Nogueira, concello de Ribas de Sil.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Barreiro e Nogueira para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras o requirimento oportuno, o 12.1.2024 e o 30.1.2024 foi presentada a emenda da solicitude.

O 26.2.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_203), en que se recolle que a superficie do monte Rioseco pasa a ser de 200,545 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VIII, ao final deste anuncio.

– MVMC Monte da Pía-Valiña Longa (expediente 101/75), pertencente aos veciños da Pía, na parroquia de Noceda, concello das Nogais.

O 19.8.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade da Pía para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 26.2.2024 o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_51), en que se recolle que a superficie do Monte da Pía-Valiña Longa pasa a ser de 117,16 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IX, ao final deste anuncio.

– MVMC Prados (expediente 11/81), pertencente aos veciños de Prados, na parroquia de Cereixedo, no concello de Cervantes.

O 7.2.2024 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Prados para que se proceda a unha nova revisión do esbozo do seu monte veciñal debido a unha irregularidade detectada na delimitación do monte tras a revisión aprobada polo Xurado na sesión do 9.10.2023. Esta modificación refírese ao límite catastral entre as parcelas 192 e 181 do polígono 81, que non coincide coa realidade física sobre o terreo. A proposta precisa que entre ambas as parcelas hai un muro e un camiño que resulta ser o límite real do monte veciñal.

O 9.2.2024 o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2024_6), en que se recolle que a superficie do monte Prados pasa a ser de 205,83 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo X, ao final deste anuncio.

Contra os estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 3 de abril de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Esbozo do MVMC Gilfonso ou Cabalar (Alfoz)

missing image file

ANEXO II

Esbozo do MVMC Hospital (Pedrafita do Cebreiro)

missing image file

ANEXO III

Esbozo do MVMC Vilela (Folgoso do Courel)

missing image file

ANEXO IV

Esbozo do MVMC Vila de Mouros (O Incio)

missing image file

ANEXO V

Esbozo do MVMC Portela (Samos)

missing image file

ANEXO VI

Esbozo do MVMC Xuguiño (Quiroga)

missing image file

ANEXO VII

Esbozo do MVMC Paradaseca (Quiroga)

missing image file

ANEXO VIII

Esbozo do MVMC Rioseco (Ribas de Sil)

missing image file

ANEXO IX

Esbozo do MVMC Monte da Pía-Valiña Longa (As Nogais)

missing image file

ANEXO X

Esbozo do MVMC Prados (Cervantes)

missing image file