DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 16 de abril de 2024 Páx. 24012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 20 de marzo de 2024, de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Lama, no termo municipal de Láncara (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 20 de marzo de 2024, o cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 436, 440, 583 e 1579 do polígono 8 no termo municipal de Láncara (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado o 21 de febreiro de 2024.

Lugo, 4 de abril de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo