DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 16 de abril de 2024 Páx. 24013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2024 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante apartación, da concesión administrativa da batea Piñeiro III.

Antecedentes:

1. O día 15 de marzo de 2024, José Vicente Padín Pérez solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante apartación, da concesión administrativa da batea Piñeiro III.

2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG núm. 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

3. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante apartación, da concesión administrativa do seguinte viveiro:

Tipo: batea.

Nome: Piñeiro III.

Situación:

Cuadrícula nº: 190.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 22.11.1961.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: José Vicente Padín Pérez (***4514**).

Nova titular: María del Carmen Domínguez Castro (***5013**).

A nova titular da concesión subrógase nos dereitos e nas obrigas do anterior desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 21 de marzo de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo