DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 16 de abril de 2024 Páx. 24015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 3 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0980/2023-PRE e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0980/2023-PRE e oito máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 3 de abril de 2024

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0980/2023-PRE

36066720Y

Inicio

Curra, 18, 3º, Vilaboa

PSC-PO-0055/2024-PRE

44086598Z

Inicio

Illas Alvedosas, 9, 2º D, Soutomaior

PSC-PO-0097/2024-ORS

509601146

Inicio

Rúa das Mimosas, 13, Vila do Conde (Portugal)

PSC-PO-0101/2024-PPM

53191233F

Inicio

Camiño da Calima, 2, baixo, Redondela

PSC-PO-0102/2024-PPM

53181235Z

Inicio

Otero Pedrayo, 69, Nigrán

PSC-PO-0115/2024-PPM

35304751G

Inicio

Casas, 18, Miraflores, Sanxenxo

PSC-PO-0134/2024-PPM

35561686Y

Inicio

Granxa, 4, Camposancos, A Guarda

PSC-PO-0145/2024-PPM

35479170Z

Inicio

A Graña, 7, O Grove

PSC-PO-0152/2024-PPM

44078126Y

Inicio

Avenida de Lugo, 84, Pontevedra