DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 16 de abril de 2024 Páx. 23976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2022/388-1).

Expediente: IN407A 2022/388-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA SMR706 entre apoios números 104-12 e 104-16 e CT O Confurco.

Concello: Ferrol.

Feitos:

1. O día 14 de novembro de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de substituír o CT por remate da súa vida útil.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado: regulamentación LMTA SMR706 entre apoios números 104-12 e 104-16 e CT O Confurco, asinado o 13 de abril de 2022 por David Núñez Fernández, enxeñeiro industrial co número colexial 1534 de Galicia.

• Anexo: proxecto regulamentación LMTA SMR706 entre apoios números 104-12 e 104-16 e CT O Confurco, asinado o 5 de outubro de 2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial co número colexial 15.670 de Madrid.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un Acordo do 15 de marzo de 2023, publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG: 22 de marzo de 2023, co número 56.

• BOP: 10 de abril de 2023, co número 68.

• Xornal La Voz de Galicia: 25 de marzo de 2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do secretario xeral do Concello de Ferrol do 10 de maio de 2023.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidera prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Servizo do Patrimonio Cultural-Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña; Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA)-Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable e o Concello de Ferrol. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados.

5. O día 12 de marzo de 2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar do Confurco, no concello de Ferrol.

– Desconexión e desmonte (peche e desmantelamento) do CT tipo caseta de obra civil Confurco (expediente 32.057/matrícula 15CN67) de 50 kVA de potencia e relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV, emprazado no lugar do Confurco, Doniños (concello de Ferrol).

– En substitución ao CT tipo caseta de obra civil O Confurco, proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural remate de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), para instalar en parcela con acceso desde vial público tamén sita no lugar do Confurco, Doniños (concello de Ferrol).

– Modificación da LMT SMR-706 consistente na instalación entre o apoio s/n (matrícula AJSAN4L4) metálico tipo A-AL-CH-1600/11-CR1-CA e o apoio nº 104-13 de formigón tipo A-AL-HV-1600/11-CR1-CA, tras da caseta ocupada polo actual CT O Confurco para desmantelar, dun novo apoio metálico tipo A-AG-C-1000-16-D15BA)-CAIII, que se identificará como apoio nº 104-12. Esta operación implicará a creación de dous (2) novos vans de liña, de 21 metros de lonxitude entre o apoio s/n (matrícula AJSAN4L4) e o apoio nº 104-12 proxectado e de 26 metros de lonxitude entre o apoio nº 104-12 proxectado e o apoio nº 104-13, sobre os que se tenderá novo condutor tipo LA-56.

– Substitución do apoio nº 104-15 de formigón tipo S-AL-HV-400/12-B1-CS polo novo apoio metálico tipo A-AL-C-1000/14-H35-CAIII(CSIII) en que instalarán un paso aéreo-soterrado (PA/S) con xogo de pararraios autoválvulas e elementos de seccionamento tipo XS.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV de 85 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm2 Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar no novo apoio nº 104-15 e remate en cela de liña do CT proxectado.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 21 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LMTA SMR706 entre apoios nº 104-12 e nº 104-16 e CT O Confurco

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Ferrol

Parcela proxecto

Propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso
de enerxía eléctrica)

Natureza
do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

2

Descoñecida/o

15037A031001920000PX

Picadeira

104-15

2

4

12

Matogueira

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.