DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 16 de abril de 2024 Páx. 23967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2023/70-1).

Expediente: IN407A 2023/70-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad S.A.

Denominación: LMT, CTC e RBTS, lugar Aldea O Monte, nº 1.

Concello: Arteixo.

Feitos.

1. O día 21 de febreiro de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de dar resposta a unha solicitude de ampliación de potencia en baixa tensión de 5,75 kW a 43,00 kW para unha vivenda unifamiliar.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000 e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado: LMT, CTC e RBTS, lugar Aldea O Monte, nº 1, asinado o 5 de outubro do 2023 por Raúl Guillermo Naveira Dueñas, enxeñeiro técnico industrial coa especialidade en Electricidade e co número colexial 1.905 da Coruña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 28 de abril de 2023, publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG: 24 de maio de 2023, co número 97.

• BOP: 5 de maio de 2023, co número 85.

• Xornal La Voz de Galicia: 18 de maio de 2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do secretario xeral do Concello de Arteixo do 6 de xullo de 2023.

3. Durante o período en que se someteu o trámite de información pública María del Carmen Fernández-Gago Puga achegou unha alegación o 10 de xullo de 2023. Desta alegación déuselle traslado á empresa promotora o 12 de xullo de 2023 que respondeu na defensa dos seus intereses.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe a Augas de Galicia-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; o Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)-Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña e o Concello de Arteixo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados.

5. O día 14 de febreiro de 2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas.

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio) consonte a disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar Aldea O Monte, no concello de Arteixo.

– Modificación, sen alterar a súa traza actual, do treito da liña LAR-707 autorizada no expediente 27.210, de 320 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre os seus apoios núm. 37 (matrícula A7T58V83) de formigón tipo AM-HP-500/14-LiraCA e núm. 39 (matrícula A7UBMSAL) de formigón tipo AM-2×HP-400/12-Lira-CA, consistente en:

• Substitución, respectando a súa actual localización no lugar de Fillazós, do apoio núm. 38 (matrícula 9KG0DRQ1) de formigón tipo S-AL-HP-5000/14-Lira-CA, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-3000/16-H35-CAIII, en que se proxecta a instalación dunha cruceta para derivación.

• Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) nos vans da liña LAR-707 anterior e posterior ao novo apoio metálico proxectado; de 167,7 e 152,3 metros de lonxitude, respectivamente.

• Instalación de LMT aérea a 15 kV, de 353 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56 tendido sobre cinco (5) apoios, coa orixe no novo apoio núm. 38 proxectado e remate no novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-2000/14-H35-CAIII, no cal se proxecta a instalación dun paso aero-soterrado (PA/S) dotado de pararraios autoválvulas. Os apoios proxectados desta nova liña, ademais do núm. 38 (apoio 0) e do apoio (PA/S) (apoio 4) xa citados, son metálicos de celosía tipo AM-C-1000/14-H35-CAIII (apoio 1), en que se instalarán elementos de protección e manobra tipo XS, AM-C-2000/14-H35-CAIII (apoio 2) e AM-C-1000/14-H35-CAIII (apoio 3).

– Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), que se instalarán na parcela con referencia catastral 15005A039002790000PF, sita no lugar de Aldea O Monte (concello de Arteixo).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada a 15 kV, de 224 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), coa orixe no paso aero-soterrado (PA/S) que se instalará no apoio 4 da nova liña aérea e remate en cela de liña do CT proxectado.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou ningunha das limitacións á constitución de servidumes de paso sinaladas nos artigos 161.1 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro e 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. Respecto da alegación formulada por María del Carmen Fernández-Gago Puga (predios números 3 e 4), manifesta que:

– Solicita unha variación na traza da liña que pasa sobre o predio número 4, levándoa pola zona que colinda co vieiro público, para diminuir a afección á súa parcela.

– A expropiación total do predio número 3 (como descoñecido/a e que provén da adxudicación de herdanza de María Jacoba Puga y Ramón), por considerar que a servidume converte a explotación da parcela en antieconómica.

6. UFD Distribución Electricidad, S.A. resposta a estas alegacións do seguinte xeito:

• A propiedade non acreditou na súa solicitude de modificación da traza no predio número 4 o cumprimento de todas as condicións establecidas no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e que determinan que non se podería impoñer servidume de paso nestes predios.

Que este proxecto realizouse en observancia do establecido no Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo cal se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas de alta tensión e, en concreto, segundo o disposto no punto 1.5.1 da instrución técnica complementaria ITC-LAT 07, que literalmente di: «as liñas eléctricas estudaranse seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto, no seu intento de lograr a solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose en todo caso ás prescricións que en esta instrución se establecen. Evitaranse, no posible, os ángulos pronunciados, tanto.....», sen que existan nesta parcela as limitacións ou prohibicións á constitución da servidume de paso establecidas tanto no artigo 58 da Lei do sector eléctrico, como no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que impidan o establecemento da servidume de paso desta instalación a través dos terreos incluídos na relación de bens e dereitos presentada.

• Este expediente de expropiación creará unha servidume de paso aérea de enerxía eléctrica sobre o dito predio, que non impide que a parcela poida seguir sendo destinada ás actividades agropecuarias, e por iso non poden xustificarse, e a reclamante non o fai, as causas concretas determinantes dos prexuízos económicos, tanto pola alteración das condicións fundamentais do predio número 3, como das súas posibilidades de aproveitamento rendible, para que se tome en consideración a solicitude de expropiación da totalidade da parcela, tal e como se exixe no artigo 22 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

7. En relación coas alegacións formuladas relativas ao cumprimento regulamentario das instalacións electromecánicas e eléctricas proxectadas e a afección correspondente na declaración de utilidade pública en concreto solicitada, e coas manifestacións de UFD Distribución Electricidad, S.A., infórmase do seguinte:

– Non procede dar resposta á solicitude realizada por María del Carmen Fernández-Gago Puga, no relativo á variación da traza da liña, pois non xustificou o cumprimento de todas as condicións establecidas no Real decreto 1955/2000 (artigo 161). Asemade, a variación solicitada modificaría a servidume doutro particular sen achegar a súa conformidade á dita variación.

– No relativo á solicitude de expropiación total do predio número 3, resolverase no trámite expropiatorio, no caso de chegar a el.

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato Shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 21 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CTC e RBTS lugar Aldea O Monte, nº 1

Relación de bens e dereitos afectados - concello de Arteixo (A Coruña)

Parcela proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea - voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT / Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Mercedes Sánchez

Borrazás

Polígono 36, parcela 253

Fillazós

Novo apoio nº 38 (apoio 0 da nova LMT aérea)

2

36

568

Rústico. Agrario

2

Frieira, Gestión de Inversiones, S.L.

Polígono 36, parcela 260

Chousa Grande

Apoio 1 da nova LMT aérea

2

98

1.564

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño. Matogueira

3

Herdeiras/os de María Jacoba Puga y Ramón

Polígono 39, parcela 150

Xesta

36

569

Rústico. Agrario.

Matogueira

4

María del Carmen

Fernández Gago Puga

Polígono 39, parcela 261

Mato

Apoios 2 e 3 (½) da nova LMT aérea

3

76

1.169

Rústico. Agrario

5

Bernardo Castro Canedo

Polígono 39, parcela 284

Xesta

Apoios 3 (½) e 4 da nova LMT aérea

3

69

1.017

Rústico. Agrario. Prados ou praderías

6

Bernardo Castro Canedo

Polígono 39, parcela 279

Bernal

CT e acceso

24,19

Rústico. Agrario. Piñeiral madeirable

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m² aér.: superficie de servidume aérea en m².

m² sot.: superficie de servidume soterrada en m².