DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 16 de abril de 2024 Páx. 23960

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 22 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica nos concellos de Baralla e Becerreá (expediente IN407A 2023/206-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: LMTA, LMTS, CTI, CTC e RBT Condomina (Baralla e Becerreá).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Centro de transformación intemperie (CTI) sobre o apoio núm. 59-14-11 da liña aérea proxectada, cunha potencia instalada de 50 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Centro de transformación rural fin de liña (CT rural FL), cunha potencia instalada de 100 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Liña de alta tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1.308 m en condutor LA-56, coa orixe no apoio núm. 59-14 da LMTA BCR803 e final no CTI proxectado.

– Liña de alta tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 322 m en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150 mm2) Al, coa orixe no paso aéreo a soterrado proxectado no apoio existente núm. 59-20 da LMTA BCR803 e final no CT rural FL proxectado.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/baralla-e-becerrea

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 22 de marzo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de LMTA, LMTS, CTI, CTC e RBT
Condomina (Baralla e Becerreá)

Concellos: Baralla e Becerreá (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/206-2.

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietarios

Apoio
(nº)

Apoio
(m2)

Sup.
(m2)

Voo
(lonx.)

Voo
(sup. m²)

1

72

26

Chao do Barreiro

Prado

María Rosa Castaño Montero

6

98

4

72

35

Amedos

Matogueira

Manuel Senén Correa Arias

100

1.560

8

72

81

Amedos

Matogueira

Hdros. de Cleto Vázquez González (falecido)

59-14-3

59-14-4

½+½

2

107

991

10

72

416

Carqueixedo

Matogueira

Descoñecido

59-14-5

59-14-6

59-14-7

3

6

334

5.350

11

60

240

Pena dos Carballiños

Prado e monte alto

Descoñecido

59-14-8

59-14-9

2

4

263

4.212

12

60

49

Pasada

Matogueira

Hdros. de Manuel Fernández Fernández

147

2.376

13

60

48

Prado Pasada

Prado

Jesús Ángel García Pardo

33

530

14

60

65

Ribadas de Baixo

Prado

Alsira Fernández Fernández

1

15

60

66

Ribadas de Baixo

Labradío/prado

Mª Pilar Méndez Rodríguez (falecida)

57

908

16

60

71

Ribadas

Monte alto

Mª Pilar Méndez Rodríguez (falecida)

59-14-10

1

2

57

910

17

61

251

Cima da Casa

Prado

Alsira Fernández Fernández

59-14-11-CT

1

13

9

141

18

60

237

Cortiña de Baixo

Prado

Celestino Prieto Fernández

CTC

1

15