DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 17 de abril de 2024 Páx. 24114

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), pola que se declara excluída do proceso selectivo unha persoa aspirante.

O 13 de marzo de 2024 publicouse no DOG a Resolución do 4 de marzo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Entre os acordos adoptados estaba o seguinte:

«Convocar a aspirante Diana Nogueiras Iglesias (DNI ***6639**) para a realización do primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), o día 2 de abril de 2024.

O exercicio terá lugar o 2 de abril de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)».

Os membros do tribunal, constituído como tal, e o persoal colaborador designado pola Dirección Xeral da Función Pública acudiron ás 15.45 horas do 2 de abril ao lugar citado, pero ás 16.00 horas Diana Nogueiras Iglesias (DNI ***6639**) non compareceu, incumprindo así o disposto na base III.1.2.2 da convocatoria».

En consecuencia, en aplicación da base III.1.2.5, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar a Diana Nogueiras Iglesias (DNI ***6639**) excluída do proceso selectivo por incomparecencia ao primeiro exercicio.

Segundo. De conformidade co disposto na base V.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2024

Iris Ferradás Cao
Presidenta do tribunal