DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 17 de abril de 2024 Páx. 24116

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 3 de abril de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de decembro de 2023 (DOG núm. 240, do 20 de decembro) para cualificar este proceso selectivo

ACORDOU:

Primeiro. Anular a pregunta número 33 ao abeiro do previsto na base III.1.2.7 da convocatoria. O seu lugar pasa a ser ocupado pola pregunta de reserva número 63, correspondente á parte específica do programa.

Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos.

Mediante a Resolución deste tribunal, do 30 de xaneiro de 2024, déuselles publicidade aos parámetros para a cualificación do exercicio, que establecen que superarán o exercicio as persoas aspirantes presentadas que acaden as mellores puntuacións, ata completar un número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que acaden, en cada unha das partes do exercicio, o mínimo do 50 % das respostas correctas (despois de facer os descontos correspondentes). Unicamente, de se dar o caso de que o número de aspirantes que superen o exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar un número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas non cubertas conforme o previsto no parágrafo anterior, sempre que acaden en cada unha das partes o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque o corte se considerarán igualmente aprobadas, aínda que se supere o número de aspirantes antes indicado.

Asignarase a valoración de 30 puntos ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. As persoas aspirantes que non superen o exercicio serán declaradas non aptas.

Terceiro. Unha vez feita a corrección dos exames de acordo cos criterios anteriores, e feitas as deducións segundo o establecido na base III.1.1 da convocatoria, acádase o número máximo de aspirantes establecido na dita base da convocatoria, na cal se establecía que superarían o exercicio as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións, ata completar un número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que acaden, en cada unha das partes do exercicio, o mínimo do 50 % das respostas correctas (10 da primeira parte e 20 da segunda parte do exercicio).

Segundo este criterio, a nota de corte queda fixada en 43,75 preguntas netas, que é a acadada por 131 aspirantes.

As persoas que non acadaron a porcentaxe mínima nalgunha das partes non son cualificadas por non ser posible asignar unha puntuación homologable á do resto das persoas aspirantes.

Cuarto. Publicar no portal web corporativo https://www.funcionpublica.xunta.gal as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o exercicio do proceso selectivo, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base III.1.1 da convocatoria.

Quinto. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, as persoas aspirantes poderán formular as alegacións que consideren oportunas ás puntuacións, que se presentarán a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

Sexto. De acordo co disposto na base V.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2024

Isabel Fariña Negreira
Presidenta do tribunal