DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24576

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO da convocatoria para a provisión de tres (3) prazas de socorristas en espazos acuáticos naturais, persoal laboral fixo descontinuo (oferta de emprego público de 2023).

No BOP de Lugo número 72, do 26 de marzo de 2024, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir as seguintes prazas:

A) Persoal laboral fixo descontinuo:

Denominación: encargado/a e socorristas en espazos acuáticos.

Grupo: C2.

Número de prazas: dous/dúas (2) socorristas e un/unha (1) encargado/a.

Duración do contrato: laboral fixo descontinuo. A duración do contrato abarcará desde o día 15 de xuño ata o 14 de setembro de cada ano. En calquera deles, a duración será de tres (3) meses.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Xove.

Xove, 26 de marzo de 2024

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde