DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24575

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO da convocatoria para a provisión de dúas (2) prazas de informador/a turístico/a, persoal laboral fixo descontinuo a tempo parcial (oferta de emprego público de 2023).

No BOP de Lugo número 72, do 26 de marzo de 2024, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir as seguintes prazas:

A) Persoal laboral fixo descontinuo:

Denominación: informador/a turístico/a.

Grupo: C2.

Número de prazas: dúas (2).

Duración do contrato: laboral fixo descontinuo a tempo parcial (64 %). A duración do contrato abarcará desde o día 1 de xullo ata o 31 de agosto de cada ano. En calquera deles, a duración será de dous (2) meses.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Xove.

Xove, 26 de marzo de 2024

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde