DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24574

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha (1) praza de recepcionista de instalación deportiva, persoal laboral fixo a tempo parcial (oferta de emprego público de 2023).

No BOP de Lugo número 72, de 26 de marzo de 2024, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir a seguinte praza:

A) Persoal laboral fixo:

Denominación: recepcionista.

Grupo: AP.

Número de prazas: unha (1).

Duración do contrato: laboral fixo a tempo parcial (66,67 %).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Xove.

Xove, 26 de marzo de 2024

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde