DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 19 de abril de 2024 Páx. 24682

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 11 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 10 de abril de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (DOG núm. 246, do 29 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 11 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Elevar a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba tipo test, feitas públicas pola Resolución do 6 de marzo de 2024 (DOG núm. 54, do 15 de marzo).

Segundo. Facer pública, de conformidade co disposto na base II.4, a baremación provisional do concurso de méritos no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, ao cal se poderá acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion

Débese indicar que, de conformidade coa base II.2.2, o concurso de méritos será cualificado como «apto» ou «non apto» e para superalo será necesario acadar unha puntuación mínima de 4 puntos entre todas as epígrafes do baremo puntuables.

Contra a baremación provisional poderase presentar reclamación, ante o propio tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no DOG.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.12 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2024

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal