DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 22 de abril de 2024 Páx. 25067

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de fisioterapia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 28 de novembro de 2023 para cualificar o proceso selectivo (DOG núm. 230, do 4 de decembro), unha vez revisadas as alegacións presentadas contra a Resolución do 26 de febreiro de 2024 pola que se deu publicidade, entre outros acordos, ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no primeiro exercicio da fase de oposición, eliminatorio e obrigatorio, do proceso selectivo, así como á relación das que non acadaron a puntuación mínima de 15 puntos establecida na base III.1.1 da convocatoria (DOG núm. 42, do 28 de febreiro), nas sesións dos días 19 de marzo e 9 de abril de 2024,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar as alegacións presentadas na súa totalidade.

Segundo. Publicar a presente resolución no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal e no Diario Oficial de Galicia.

Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2024

María Conde Abalo
Presidenta do tribunal