DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 22 de abril de 2024 Páx. 25068

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2024 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local (código de procedemento PR461A), convocado pola Orde do 12 de marzo de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 55, do 18 de marzo), e se anuncian a data e o lugar de realización das primeiras probas do proceso selectivo.

No Diario Oficial de Galicia número 55, do 18 de marzo de 2024, publicouse a Orde do 12 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local.

O 9 de abril publicouse no Diario Oficial de Galicia número 69 a Resolución do 4 de abril pola que se aprobaron as relacións provisionais de persoas excluídas ao proceso, e se publicaron na páxina web da Agasp as relacións provisionais de persoas admitidas, así como a relación da totalidade dos aspirantes con indicación da exención ou non da proba de coñecementos de lingua galega, concedendo un prazo de cinco (5) días para emendas.

Finalizado o prazo de emenda, e de acordo co expresado na devandita orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso unitario para a cobertura de postos de auxiliares de policía local convocados pola Orde do 12 de marzo de 2024 (DOG núm. 55, do 18 de marzo).

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A listaxe definitiva de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

As listaxes publicadas na páxina web da Agasp serán as consideradas como válidas.

Segundo. Convocar as persoas admitidas para a realización da primeira e segunda proba do proceso que terán lugar o día 27 de abril de 2024 no pavillón número 2 do Recinto Feiral de Silleda. O chamamento para a primeira proba comezará ás 10.00 horas. As persoas aspirantes non poderán acceder ao recinto con ningún dispositivo electrónico. A súa simple pertenza dentro do recinto determinará a exclusión da persoa aspirante do proceso.

A primeira proba do proceso consiste en contestar por escrito un cuestionario de 50 preguntas tipo test máis 5 de reserva cuxo contido vén determinado no temario recollido no anexo III da convocatoria. Esta proba terá unha duración máxima dunha hora. Unha vez que rematen a proba as persoas aspirantes poden entregar o seu exercicio, para iso deben levantar a man e agardar a que un dos membros colaboradores do tribunal recolla o exame e lle indique que pode abandonar o recinto.

Unha vez rematada a primeira proba, efectuarase un segundo chamamento na porta número 1 para aqueles aspirantes que non acreditasen a exención da proba de idioma galego. A segunda proba, de coñecemento da lingua galega, consiste na tradución dun texto do castelán ao galego e outro do galego ao castelán e terá unha duración máxima dunha hora. Unha vez rematada a segunda proba poderán entregar o seu exercicio. Para iso deben levantar a man e agardar a que un dos membros colaboradores do tribunal recolla o exame e lle indique que pode abandonar o recinto.

As persoas convocadas deberán ir provistas de:

1 . DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade.

2. Bolígrafo negro ou azul, tipo clásico.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 17 de abril de 2024

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas

NIF

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Motivo (Cód.)

1

***2814**

Alcalde

Silveira

Andrea

1

2

***6410**

Alcántara

Otero

Sara

4

3

***6122**

Alonso

Romero

Rebeca

1

4

***3860**

Antonio

Rey

María Remedios

3

5

***2640**

Blanco

Espada

Estefanía

2

6

***8766**

Corbacho

Rodríguez

Alejandro

2

7

***9073**

Costas

Salgueiro

Verónica

2 e 3

8

***3897**

De la Fuente

Touza

André

1

9

***7906**

Ferreiro

Pumariño

Carlos

1

10

***2528**

Louro

Rey

Manuel Ángel

2

11

***7904**

Mariño

González

Mikel

2

12

***0138**

Núñez

Martelo

Marcos

2

13

***5963**

Parada

Agra

Brandán

2

14

***4466**

Pintos

Louzao

Yago

1

15

***4629**

Plaza

Ríos

Sonia Maritza

3

16

***5644**

Sánchez

García

Marcos

4

17

***9188**

Santos-Santorum

Val

Víctor

1

Motivo da exclusión:

Cód.

Descrición

1

Solicitude incompleta ou incorrectamente cuberta ou fóra de prazo.

2

Non foi posible consultar a inexistencia de antecedentes penais, ou a documentación achegada é incorrecta.

3

Non ten ou non foi posible consultar a titulación académica requirida.

4

Non presentar xustificante de aboamento da taxa ou xustificante da taxa incorrecto, incompleto ou redución da taxa non xustificada.