DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 23 de abril de 2024 Páx. 25474

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir unha praza de persoal.

Praza: (1) técnico/a coordinador de proxecto (referencia: QUANTUMSPAIN-24-TCP1).

Proxecto que se desenvolverá: Quantum Enia (Quantum Spain), no marco da Axenda España dixital 2025 e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, de conformidade co disposto no Real decreto 936/2021, do 26 de outubro.

Modalidade contractual: contrato temporal de duración determinada, a xornada completa, para a execución do proxecto Quantum Spain, regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021.

As bases que rexerán estes procesos selectivos están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web:
https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia dos procesos selectivos faranse públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2024

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico
de Supercomputación de Galicia