DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 23 de abril de 2024 Páx. 25473

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Teixeira

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle na rúa Ana Blanca.

O Pleno do Concello da Teixeira, en sesión ordinaria do 15 de marzo de 2024, aprobou inicialmente o estudio de detalle da rúa Ana Blanca na Teixeira para o reaxuste de aliñacións.

De conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como no artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente á información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial de provincia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello https://concelloateixeira.sedelectronica.gal

Se durante o dito prazo non se presentan alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

A Teixeira, 16 de abril de 2024

Xosé Vázquez Rodríguez
Alcalde