DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 23 de abril de 2024 Páx. 25472

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de corrección de erros nos nomeamentos de funcionarios de carreira e declaración de persoal laboral fixo de varios procesos selectivos (estabilización).

Mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 51, do 12 de marzo de 2024, recolléronse varios nomeamentos de funcionarios/as de carreira e declaracións de persoal laboral fixo das persoas que superaron os procesos selectivos e acreditaron posuír os requisitos establecidos nas bases.

Detectado un erro nos apelidos dunha das persoas, de conformidade co artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderanse rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos actos das administracións, polo que, onde di:

«Mediante Decreto da Alcaldía núm. 79/2024, do 11 de xaneiro, declarouse persoal laboral fixo do Concello de Ames nas prazas de animadora sociocultural, grupo B, con tipo de adscrición definitiva, as seguintes persoas:

Almudena Rodríguez Caamaño, con DNI núm. ***6665**, con código de RPT 05.01.01...».

Debe dicir:

«Mediante Decreto da Alcaldía núm. 79/2024, do 11 de xaneiro, declarouse persoal laboral fixo do Concello de Ames nas prazas de animadora sociocultural, grupo B, con tipo de adscrición definitiva, as seguintes persoas:

Almudena Caamaño Rodríguez, con DNI núm. ***6665**, con código de RPT 05.01.01...».

Ames, 19 de marzo de 2024

José Blas García Piñeiro
Alcalde