DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, co procedemento ordinario 542/2023.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 542/2023 (procedemento ordinario), interposto por Marta Teijeiro Ceide contra:

– A Resolución do 14 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos e iníciase o prazo para a elección de destino para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022 (DOG núm. 185, do 28 de setembro de 2023); e

– A Resolución do 7 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022 (DOG núm. 216, do 14 de novembro de 2023).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2024

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos