DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

ANUNCIO do 5 de abril de 2024 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2023000402 e dezaseis máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante o presente anuncio ás persoas interesadas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo desta notificación está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino este documento.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2024

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

Proxecto

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº de
expediente

Predio

02267-Ministerio da Lei do predio catastral 8715306PH1681N0001FU esquina avenida Madrid coa rúa Bernardino Pardo Ouro. Concello de Lugo.

José Antonio Díaz Fernández e outros

21.12.2023

2023000402

8715306PH1681N0001FU

02279- Recuamento da LMT GON807 e substitución CTI Piquetes por CTC. Concello de Gondomar (expediente IN407A 2021/174-4).

José Luis Alonso Medina

21.12.2023

2023000445

2

02283-Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020 de mellora de seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes (TCA) na estrada PO-403, p.q. 8+600 a 10+200. Concello de Ponteareas. Clave PO/17/151.06.

Casimiro Alonso Francisco e outra

21.12.2023

2023000456

3

Hrdos. de Olimpio Martínez Bargiela

21.12.2023

2023000459

23

02284-Itinerario peonil e ciclista na PO-411, treito Parderrubias, p.q. 4+260 - 6+250. Concello de Salceda de Caselas. Clave PO/16/105.06.

Pilar Muñiz Martínez

21.12.2023

2023000460

1

Antonio Pérez Álvarez

21.12.2023

2023000461

4

Pilar Muñiz Martínez

21.12.2023

2023000463

8

José Estévez Martínez

21.12.2023

2023000481

72

Carmen Pérez Martínez

21.12.2023

2023000482

73

Luis Gil Martínez e outros

21.12.2023

2023000491

84

Hrdos. de Carlos Quintas Caballero

21.12.2023

2023000492

85

Hrdos. de Carlos Quintas Caballero

21.12.2023

2023000494

89

Hrdos. de Salvador Martínez González

25.1.2024

2023000496

94

02292-DP 1802 Veiga de Cabana ás Pontes de García Rodríguez p.q. 0+000 ao 8+808, ampliación de plataforma e mellora de trazado. Concello das Pontes (clave obra 19.1110.0011.0)

Rosa Doce Carballo

25.1.2024

2023000532

133

Hrdos. de Celia Pena Seco

22.2.2024

2023000536

3

Mª Vanesa Viveiro Martínez e 1 máis

25.1.2024

2023000554

94

02315-Mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno do tramo de concentración de accidentes (TCA) na estrada PO-308, p.q. 3+500-5+100, Fontenla. Concello de Poio. Clave PO/19/053.06.

María Rosales Cancela e outro

22.2.2024

2024000075

24

ANEXO