DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25750

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO de convocatoria das bases xerais e específicas do proceso de estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 62, do 27 de marzo de 2024, publicáronse as bases xerais e específicas reguladoras do proceso de estabilización do emprego temporal do Concello de Cabanas, no ámbito de aplicación do artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes de redución da temporalidade no emprego público, en execución da oferta de emprego público extraordinaria, aprobada pola Resolución da Alcaldía 704/2022, para a provisión das seguintes prazas:

Denominación

Nº vacantes

Tipo persoal

Grupo subgrupo

Sistema selectivo

Oficial encargado/a

1

Laboral

III

Concurso-oposición

Operario/a servizos múltiples

1

Laboral

V

Concurso-oposición

Limpador/a instalacións municipais

1

Laboral

V

Concurso-oposición

A presentación de solicitudes farase durante o prazo de vinte (20) días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Cabanas, 2 de abril de 2024

Fernando Couce Rodríguez
Alcalde