DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 26 de abril de 2024 Páx. 26332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de abril de 2024 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado da glorieta no punto quilométrico 15+470 da AC-418 (Malpica), de clave AC/23/089.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 18 de marzo de 2024 realizouse a aprobación provisional do proxecto de trazado da glorieta no punto quilométrico 15+470 da AC-418 (Malpica), de clave AC/23/089.06, no municipio de Malpica de Bergantiños (A Coruña), que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado da glorieta no punto quilométrico 15+470 da AC-418 (Malpica), de clave AC/23/089.06, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, se é o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Segundo. Someter ao trámite de información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña) e na Casa do Concello de Malpica de Bergantiños.

Así mesmo, a documentación íntegra do proxecto e un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2024

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Glorieta no punto quilométrico 15+470 da AC-418 (Malpica)
Clave: AC/23/089.06

Concello de Malpica de Bergantiños

Ref. catastral

Titular

CIF

Clase de solo (catastro)

Clasificación urbanística

Sit. básica do solo
(RDL 7/2015)

Expropiación
(m2)

1

50675A1NH1946N

Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación

A86602158

Urbano

S. urbano consolidado

Urbanizado. Industrial

582

2

5067501NH1946N

Arcebispado de Santiago de Compostela

R1500020A

Urbano

S. urbano consolidado

Urbanizado. Industrial

17