DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 26 de abril de 2024 Páx. 26311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN408A 2020/179, no concello de Dumbría.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 66 kV de evacuación do parque eólico Paxareiras II, no concello de Dumbría (expediente IN408A 2020/179), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 12 de abril de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN408A 2020/179.

Entidade beneficiaria: AV Paxareiras II, S.L.U. (TASGA).

Denominación da instalación: LAT 66 kV de evacuación do parque eólico Paxareiras II.

Concello: Dumbría.

Predio

Lugar

Pol.

Parc.

Titularidade proposta

Depósito

Importe

91

Campo

6

806

José Costa Viga

505/2024

2.240,40 €

103

Barreiros

6

775

José Costa Viga

506/2024

4.137,41 €

104

Barreiros

6

749

José Costa Viga

507/2024

8.928,68 €

131

Marmuirazo

9

9

Juan Fernández Suárez

512/2024

3.243,50 €