DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 26 de abril de 2024 Páx. 26310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN407A 2020/89-1, no concello da Coruña.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforzo LMT EIR721, alimentación Begano-Alfonso Molina, no concello da Coruña (expediente IN407A 2020/89-1), correspondentes ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 12 de abril de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/89-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforzo LMT EIR721, alimentación Begano-Alfonso Molina.

Concello: A Coruña.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

Depósito

Importe

3

Campus Universitario

8380661NH4988S0001DI

Descoñecida

1/2023

1.087,47 €