Expediente: IN407A 2023/455-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: renovación de instalación pola fin da súa vida útil-apoio nº TPN8TCW//91-19-3-CT (LAMT PED-710 Eume 2 10).
Concello: Vilarmaior.
1. Características técnicas:
Modificacións, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña PED-710 autorizado no expediente 50.434, denominado derivada a CT Picote (matrícula 15AM33), de 105,4 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30 comprendido entre o apoio nº 91-19-2 (matrícula ATRL3RUN) de formigón e o apoio nº 91-19-3-CT (matrícula ATPN8TCW) de formigón en que se atopa instalado o antedito CT Picote, consistentes en:
– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15092A019002710000BI sita no lugar de Torres (San Xurxo), do apoio nº 91-19-3-CT (matrícula ATPN8TCW) antes indicado, polo novo apoio metálico tipo FL-C-2000/12-H35-3xCA, en que se reinstalará o CT tipo intemperie Picote e toda a súa aparellaxe e montaranse novos ferraxes para o armario de telexestión. Este novo apoio terá a condición de frecuentado.
– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no treito da liña PED-710 de 105,4 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 91-19-2 existente e o apoio nº 91-19-3-CT unha vez substituído.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Vilarmaior.
Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 3 de abril de 2024
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Renovación de instalación pola fin da súa vida útil-apoio nº TPN8TCW//91-19-3-CT (LAMT PED-710 Eume 2 10)
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Vilarmaior
Parcela proxecto |
Propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (CT e/ou apoios) |
LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
CT/nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
1 |
Rosa María Pena Primoi |
15092A019002710000BI |
Bulleira |
Novo apoio nº 91-19-3-CT |
2 |
Prado |