De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.
Polo que, por medio deste anuncio, o acto administrativo, ditado en relación co procedemento sancionador en materia de pesca fluvial, notifícaselle á persoa indicada no anexo.
Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, a persoa interesada poderá comparecer no prazo e no lugar que se sinalan a seguir:
– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, andar 8º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Despois de transcorrer o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A Coruña, 17 de abril de 2024
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Número de expediente |
Persoa interesada DNI/NIF/NIE |
Acto |
PES-CO-0001/2024 |
76364995G |
Acordo de inicio |