De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 16 de abril de 2024 do proxecto de ampliación de superficie da concesión de explotación Arribeltz 1ª fracción, número 6948.1, no concello de Melide (A Coruña), promovido por Francisco Gómez y Cía., S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2024
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático