Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada peche derivadas PRS811, VLL810 e VLL825, situada nos concellos da Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.
O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas titulares na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense, tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen.
Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.
Ourense, 16 de abril de 2024
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2023/31-3.
Instalación: peche derivadas PRS811, VLL810 e VLL825.
Concellos: A Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Data da acta de autorización de ocupación: 24 de xaneiro de 2024.
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Incidencia |
3 |
Cortiña |
32053A018007460000IU |
Manuel Vilanova Marica |
Enderezo descoñecido |
5 |
Sequeiro |
32053A018007490000IA |
Manuel Pereira Rodríguez |
Enderezo descoñecido |
8 |
Bodega |
32060A068007280000QP |
Antonio Fernández Rodríguez |
Enderezo descoñecido |
11 |
A Bodega |
32060A068002600000QO |
María del Carmen Rodríguez Fernández |
Enderezo descoñecido |
14 |
Forniño |
32060A068002640000QX |
Emilia Iglesias Moure |
Notificación infrutuosa |
23 |
Monte da Mariña |
32060A069000390000QM |
Antonio Taboada Fernández |
Enderezo descoñecido |
31 |
Monte Bouzo |
32060A069003080000QZ |
Descoñecido |
Titular descoñecido |
36 |
Granxa |
32059A007003530000OX |
Josefa Pérez |
Enderezo descoñecido |