Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Lamas, no concello de Boiro (expediente IN407A 2021/241-1), correspondentes ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor da persoa interesada na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, situada no Edificio Administrativo Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfonos de contacto 981 18 23 78 e 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A dita persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.
Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 17 de abril de 2024
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2021/241-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Lamas.
Concello: Boiro.
Predio |
Lugar |
Polígono |
Parcela |
Titularidade proposta |
1 |
Cerqueiras |
57 |
34 |
Descoñecida |