Tendo en conta o Auto do 19 de febreiro de 2024, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, en que acordou despachar a execución da Sentenza do 20 de decembro de 2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sométese o convenio urbanístico ao trámite de información pública polo prazo dun mes, coa publicación de anuncios para tal fin no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión na provincia, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello e no portal da transparencia municipal, para que calquera persoa interesada poida examinar o convenio urbanístico e formular as alegacións que procedan.
Durante o prazo que se cita, que conta desde o día seguinte ao da última publicación que se realice, poderase examinar o documento na Área de Urbanismo (na casa do concello, situada na rúa do Concello, número 12, Culleredo), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para a súa consulta e para achegar cantos documentos ou escritos de alegacións xulguen convenientes.
Culleredo, 15 de marzo de 2024
O alcalde
P.D. (Resolución do 4.7.2023; BOP núm. 131, do 11 de xullo)
Marta María Iglesias Becerra
Concelleira delegada da Área de Urbanismo