Ao non ser posible a práctica da comunicación ás persoas titulares das parcelas coas referencias catastrais que se relacionan a seguir, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a comunicación de xestión da biomasa na cal se indica que dispoñen ata o 31 de maio para o cumprimento voluntario da súa obriga para xestionar a biomasa na parcela citada, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como a retirada de especies arbóreas a que se refire o artigo 22 da citada lei.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do anuncio pertinente no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das ditas notificacións, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Fene, sito no 2º andar do edificio do Concello na praza do Alcalde Ramón José Souto, s/n, Fene.
Número de expediente |
Referencia catastral |
Localización |
2024/I004/000015 |
15036A029005580000YH |
Pardiñeiras (Limodre-Fene) |
Fene, 4 de abril de 2024
Juventino José Trigo Rey
Alcalde