En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Concello de Meis.
Expediente: DH.A36.94893.
Volume total anual: 2.920,00 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,15 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: manancial na parcela 41, polígono 214.
Lugar: Cabeza de Boi.
Parroquia: A Armenteira.
Concello: Meis.
Descrición:
A auga cáptase no pozo de barrena de 40 m de profundidade e bombéase a depósito de 300 l no interior do antigo muíño na mesma parcela. Do depósito condúcese a aseos na mesma parcela e establecemento hostaleiro na parcela 49, polígono 214.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra), con cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 3 de abril de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur