En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Mª José Martínez Bugallo.
Expediente: DH.A36.95737.
Volume total anual: 718,75 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,36 l/s.
Destino: rega.
Orixe: manancial na parcela 2, polígono 129.
Lugar: O Pazo.
Parroquia: Mourente.
Concello: Pontevedra.
Descrición:
A auga cáptase no interior da mina-galería e condúcese ata a parcela 2594001NG3929S0000IL para rega desta e da 238, polígono 129.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra), con cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal
O interesado poderá presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 22 de marzo de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur