DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 7 de maio de 2024 Páx. 28045

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2024 pola que se declara deserto un posto vacante nesta consellería, convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, mediante a Resolución do 23 de xaneiro de 2024.

Mediante a Resolución do 23 de xaneiro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia número 23, do 1 de febreiro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que se detalla no anexo desta resolución, e de conformidade co establecido na base sexta da citada convocatoria esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional

ANEXO I

Denominación do posto: secretario/a do/da director/a xeral.

Código do posto: ED.701.00.000.15770.001.

Dependencia: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: C1/C2.

Nivel: 18.

Corpo ou escala: xeral.

Complemento específico: 7.526,26 euros.

Tipo de adscrición: A11.

Formación específica: 640.

Descrición dos códigos.

A11-adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas.

640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).