DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 10 de maio de 2024 Páx. 28426

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión dunha árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras.

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer pública a inclusión da seguinte árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante a Resolución do 19 de marzo de 2024 da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 24.11.2023.

Código: 169A.

Nome da árbore: Gran Castiñeiro de Surribas.

Especie: Castanea sativa Mill.

Localidade: Froufe.

Concello: O Irixo.

Provincia: Ourense.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89, fuso 29): 568191/4708307.

Motivo da catalogación: idade, porte, características estéticas e paisaxísticas.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2024

María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural