DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a autorización ambiental integrada para a planta de procesado de peixe, en Cambre (A Coruña) (expediente 2023-IPPC-I-49).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Ley 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro) faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia quedará exposto o documento titulado:

«Proxecto básico de solicitude de autorización ambiental integrada. Nova planta de Cambre».

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións u observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Clave do expediente: 2023-IPPC-I-49.

Peticionaria: Profand Cambre, S.L.U.

CIF: B15075245.

Razón social: rúa Zeppelin, polígono industrial Espírito Santo, 28-39, 15600 Cambre (A Coruña).

Localización da instalación: rúa Zeppelin, polígono industrial Espírito Santo, 28-39, 15600 Cambre (A Coruña).

Actividade: planta de procesado de peixe.

Descrición:

Profand desenvolve a súa actividade no polígono industrial de Espírito Santo no concello de Cambre (A Coruña), dedicándose ao procesado de sepia, troita e fletán e crustáceos como gamba, camarón ou langostino desde o ano 2020.

Na actualidade está prevista a execución dunha nova liña de fileteado de troita que incrementará a capacidade produtiva da instalación, superando as 75 toneladas/día de produción, o que supón a necesidade de tramitar a autorización ambiental integrada.

En termos xerais, o procesado da materia prima consiste no descabezado, corte, eviscerado, fileteado e corte, acondicionado e conxelación. Finalmente, o produto é envasado en diferentes formatos e almacenado a temperatura controlada ata a súa expedición a destino final.