DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de maio de 2024, da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Foz (expediente DH.W27.88489).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Construcciones y Canalizaciones José Saa, S.L.

NIF: B27156801.

Expediente: DH.W27.88489.

Lugar: Reiriz.

Parroquia: San Martiño de Mondoñedo.

Concello: Foz.

Descrición das actuacións:

As obras solicitadas consisten no movemento de terras nas parcelas con referencia catastral 27019C005015300000HD, 27019C00501531OOOOHX e 27019C005015320000HI, na zona de policía dun rego innominado e do rego Centiño.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 3 de maio de 2024

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona hidrográfica da Mariña