DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, do Servizo Provincial de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado de mellora da capacidade e seguridade da LU-540 (Viveiro-Cabreiros), de clave LU/19/165.10, nos concellos de Viveiro, Ourol, Muras e Xermade.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

A aprobación definitiva do proxecto de trazado de Mellora da capacidade e seguridade da LU-540 (Viveiro-Cabreiros), de clave LU/19/165.10, produciuse o 25 de xaneiro de 2024 mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia e foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 27, do 7 de febreiro de 2024. Esta aprobación definitiva implica a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, dos depósitos dos materiais sobrantes, dos préstamos necesarios para executalas e para reposición de servizos afectados, previstos no proxecto, así como para a reformulación do proxecto e as modificacións deste que, se é o caso, puidesen aprobarse posteriormente, e a urxencia da ocupación, todo iso para os efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu regulamento do 26 de abril de 1957.

En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante a Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG núm. 179, do 20 de setembro de 2017, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Viveiro, Ourol, Muras e Xermade, para que comparezan nos lugares, data e horas que se detallan a seguir, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello de Viveiro.

Lugar: sala multiusos do Concello de Viveiro (praza Maior, nº 1, 27850 Viveiro, Lugo).

Data: 28 de maio de 2024, das 9.00 ás 13.30 horas.

Concello de Viveiro.

Lugar: sala multiusos do Concello de Viveiro (praza Maior, nº 1, 27850 Viveiro, Lugo).

Data: 29 de maio de 2024, das 9.00 ás 12.30 horas.

Concello de Ourol.

Lugar: salón de plenos do Concello de Ourol (rúa Mesón, s/n, 27865 Ourol, Lugo).

Data: 30 de maio de 2024, das 9.00 ás 13.00 horas.

Concello de Muras.

Lugar: salón de plenos do Concello de Muras (praza da Galeguidade, 4, 27836 Muras, Lugo).

Data: 4 de xuño de 2024, das 9.00 ás 12.30 horas.

Concello de Xermade.

Lugar: biblioteca pública municipal (avenida de Villalba, s/n, 27833 Xermade, Lugo).

Data: 5 de xuño de 2024, das 9.00 ás 13.00 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos concellos de Viveiro, Ourol, Muras e Xermade e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo (Edificio Administrativo, rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo), e publicaranse na seguinte ligazón da páxina web da consellería:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/avisos?content=/Portal-Conselleria6/Avisos/resolucions/aviso_0346.html

Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados ao levantamento das actas previas mediante notificación individual.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade (e, de ser o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI...), así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de realizar os sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, podendo facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, este servizo, unha vez levantadas as actas previas á ocupación e habilitado o crédito oportuno, realizará o pagamento, mediante transferencia bancaria, do importe dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación. No suposto de non ter presentado o certificado de titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos, conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, neste mesmo acto, convócase ao acto de formalización das actas de ocupación o cal terá lugar, logo de producirse o aboamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación, no lugar e na data que se indican:

Concello de Viveiro.

Lugar: sala multiusos do Concello de Viveiro (praza Maior, nº 1, 27850 Viveiro, Lugo).

Data: 8 de xullo de 2024, das 9.00 ás 13.30 horas.

Concello de Viveiro.

Lugar: sala multiusos do Concello de Viveiro (praza Maior, nº 1, 27850 Viveiro, Lugo).

Data: 9 de xullo de 2024, das 9.00 ás 13.30 horas.

Concello de Ourol.

Lugar: salón de plenos do Concello de Ourol (rúa Mesón, s/n, 27865 Ourol, Lugo).

Data: 10 de xullo de 2024, das 9.00 ás 13.30 horas.

Concello de Muras.

Lugar: salón de plenos do Concello de Muras (praza da Galeguidade, nº 4, 27836 Muras, Lugo).

Data: 11 de xullo de 2024, das 9.00 ás 13.30 horas.

Concello de Xermade.

Lugar: biblioteca pública municipal (avenida de Villalba, s/n, 27833 Xermade, Lugo).

Data: 12 de xullo de 2024, das 9.00 ás 13.30 horas.

No mesmo acto ofertaránselles aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, e advírteselles aos titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, e non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, debendo achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros, e que deberán identificarse co documento nacional de identidade.

Lugo, 23 de abril de 2024

Gerardo Pallares Sánchez
Xefe do Servizo Provincial de Lugo