DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 19 de abril de 2024 polo que se acorda deixar aberto, durante trinta días naturais, o prazo para a presentación de ofertas vinculantes previo ao procedemento de alleamento en 4ª poxa pública para a venda de determinados inmobles propiedade do instituto.

De conformidade co artigo 116 da Lei 6/2023, do 2 de novembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e mediante resolución da Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica do 18 de abril de 2024, acordouse deixar aberto, durante un período de trinta días naturais, o procedemento para recadar ofertas para a venda en cuarta poxa dos inmobles que se describen a seguir:

1. Inmoble 1: nave sita en Sisán (Ribadumia-Pontevedra).

Natureza do predio: nave industrial.

Datos rexistrais: predio rexistral núm. 8.087 inscrito no Rexistro da Propiedade de Cambados: tomo 1.339, libro 96, folio 126, alta 3. IDUFIR: 36013000343904. Concello: Ribadumia. Natureza do predio, solo rústico común e solo rústico de especial protección, afectado por zona de fluxo preferente: edificio. Cota de participación: 100 %.

Referencia catastral: 36046A001000020000YP D70100100NH10F0001AF.

Localización: rúa Tabueiros, núm. 1 , Ribadumia. Código postal 36336.

Superficie: 8.692 m2.

Superficie construída: 2.077 m2.

Lindeiros: norte, río Umia; sur, estrada de Vilagarcía de Arousa a Gondar; leste, Marisol Padín; e oeste; camiño ao río.

Descrición: edificio sito no lugar da Barca ou As Estacas, destinada a viñedo, inculto, pedreira, labradío e edificios integrados por unha casa-habitación de planta baixa e piso alto e unha nave de forma rectangular sobre a cal se construíron as seguintes edificacións:

• Un edificio destinado a comedor, de planta baixa, cunha superficie de 150 m2.

• Un edificio destinado en parte a fábrica e almacén, de planta baixa, de 1.110 m2 a fábrica e 678 m2 o almacén, e noutra parte a oficinas, en dous niveis, o baixo de 52 m2 e o piso de 87 m2.

Prezo mínimo da oferta: 200.000,00 €.

2. Inmoble 2: Nave industrial sita en Lalín.

Natureza do predio: nave no polígono industrial de Botos (Lalín).

Datos rexistrais: predio rexistral 36.338, Rexistro da Propiedade de Lalín, tomo 755, libro 259, folio 3.

Referencia catastral: 0006506NH7200N0001DJ.

Localización: polígono industrial de Botos, núm. 6, Lalín. Código postal 36519.

Lindeiros: norte, rúa Polígono y Metaldeza, S.A.; sur, rúa Polígono e Piensos Severino; leste, rúa Polígono; e oeste, Prefabricados Deza, S.A.

Superficie terreo: 10.252 m2.

Superficie construída: 9.248 m2. Consiste nunha edificación industrial dividida interiormente en dez naves de uso individualizado, distribuída en tres plantas:

a) Planta soto: 841 m2 de superficie construída.

b) Planta baixa: 8.227,65 m2 de superficie construída.

c) Planta alta: 179 m2 de superficie construída.

Prezo mínimo da oferta: 350.000,00 €.

3. Inmoble 3: nave industrial sita en Toledo.

Natureza do predio: urbano. Nave no polígono industrial de Benquerencia (Toledo).

Datos rexistrais: predio rexistral 63.098, inscrito no Rexistro da Propiedade núm. 1 de Toledo: libro 1.233, tomo 1.741, folio 118. Superficie do terreo rexistrada 600,53 m2.

Concello: Toledo.

Referencia catastral: 1252409VK2115A0001RJ

Localización: rúa Molino de Viento, núm. 18. Polígono Industrial de Benquerencía, Toledo, código postal 45007.

Superficie terreo: 600,53 m2.

Superficie construída: 800,00 m2.

Descrición: nave industrial, en planta baixa e entreplanta.

Prezo mínimo da oferta: 75.000,00 €.

Durante o prazo de trinta días naturais, contados a partir do día seguinte ao publicación deste anuncio, calquera interesado poderá presentar unha proposta de compra por escrito sobre calquera dos bens inmobles relacionados anteriormente, e polo prezo que o interesado determine, sempre e cando iguale ou supere o prezo mínimo fixado para cada un.

Poderán presentar proposicións todas as persoas, físicas e xurídicas, que teñan capacidade para contratar e, en particular, para formalizar o contrato de compravenda segundo as normas contidas no Código civil. Non poderán participar as persoas que solicitasen ou estean declaradas en concurso, fosen declaradas insolventes en calquera procedemento, estean suxeitas a intervención xudicial ou fosen inhabilitadas conforme o Real decreto lexislativo 1/2020, do 5 de maio, polo que se aproba o texto refundido da Lei concursal, así como as que incorresen nos supostos previstos na normativa sobre incompatibilidades.

As proposicións económicas de compra presentaranse de xeito electrónico, empregando para iso o modelo PR004A de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/, dirixido á Dirección Xeral do Igape, sinalando no asunto: «Oferta previa para 4ª poxa inmobles Igape 2024».

Coa solicitude achegarase copia dixitalizada de:

– Xustificante bancario acreditativo do depósito do 25 % do prezo ofrecido, mediante ingreso en metálico na conta que o Igape mantén aberta na entidade Abanca número ES83 2080 0388 2731 1000 0584. No caso de estaren interesados en varios inmobles, será preciso presentar un xustificante por cada un dos inmobles propostos para a compra.

– Se o ofertante é unha persoa xurídica, para acreditar a representación da persoa asinante deberá achegar as copias dixitalizadas da escritura notarial de constitución da sociedade e de poder específico ou xeral, este último inscrito debidamente no Rexistro Mercantil.

Serán rexeitadas as propostas presentadas fóra de prazo, as que non alcancen o prezo mínimo fixado, as que non veñan acompañadas do xustificante do depósito e aquelas que conteñan defectos substanciais. No caso de deficiencias reparables, outorgarase un prazo de cinco días naturais para a súa emenda.

Transcorrido o prazo de presentación de ofertas, anunciarase unha nova poxa pública e establecerase como tipo de licitación a mellor oferta presentada. Con anterioridade ao día da poxa, procederase á devolución dos depósitos constituídos para garantir as ofertas de cantidades inferiores a que sirva de tipo para a nova poxa.

No caso de que durante este prazo de trinta días naturais se presenten ofertas económicas de igual contía, atenderase á data e hora de entrada no rexistro electrónico sinalado na convocatoria e terá preferencia a oferta que se presentase antes.

Se durante este prazo de trinta dias naturais non se presenta ningunha proposta por escrito sobre algún dos inmobles, desistirase definitivamente deste procedemento de venda e continuará o dito inmoble no patrimonio do Igape ata nova resolución.

As condicións da adquisición que rexerán na cuarta poxa pública que teña lugar, de ser o caso (na cal poderá tomar parte calquera interesado aínda que non presentase ningunha solicitude dentro deste período de trinta días naturais), serán as recollidas no prego de condicións correspondente, que estará á disposición dos interesados na Subdirección Xeral de RR.HH. e Xestión Administrativa, Edificio Igape, San Lázaro s/n 15703, Santiago de Compostela, e na páxina web do Igape (http://www.igape.es).

A proposición que sirva de tipo para a poxa producirá plenos efectos, aínda que o ofertante non compareza no acto da poxa pública. Se o ben lle fose adxudicado por non existiren poxas de maior importe, adxudicaráselle o ben e terá que acreditar o pagamento do prezo total dentro do prazo de quince días a partir da notificación da adxudicación. De non facelo, perderá o depósito constituído.

Para máis información poderán dirixirse á Subdirección Xeral de RR.HH. e Xestión Administrativa nos teléfonos 981 54 11 51/981 54 11 41.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2024

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica