DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2024 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento dereitos fundamentais 100/2024.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Vigo tramítase o procedemento dereitos fundamentais número 100/2024, interposto por Jorge Sío Rodríguez contra a Resolución reitoral do 22 de novembro de 2023, que pon fin ao proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema selectivo de concurso, para a estabilización do emprego temporal do PAS nas escalas e subescalas dos subgrupos C1 e C2, convocado pola Resolución do 1 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro), en relación coa escala técnica especialista de tecnoloxías da información e comunicacións-subescala informática, no relativo á valoración de méritos profesionais.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 29 de abril de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Rector da Universidade de Vigo