DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 17 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador PS-DXIS-05-2024.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación, de acordo co previsto no artigo 42 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración ao descoñecerse o domicilio, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa interesada para proceder a notificación do acto administrativo citado no anexo.

Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada emprazada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, Servizo de Coordinación Administrativa, situadas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a notificación do acto quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, de conformidade co sinalado no referido acordo de incoación, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia para achegar cantas alegacións xulgue pertinentes. De no efectuar alegacións neste prazo sobre o contido do acordo de incoación, este poderá ser considerado proposta de resolución nos termos previstos polo artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 17 de abril de 2024

María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PS-DXIS-05-2024.

Persoa interesada. NIE: Y9046204L.

Acto de notificación: Acordo do 12 de abril de 2024 de incoación de procedemento sancionador.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 94 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Sanción proposta: artigo 96 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.