DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 19 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas emprazándoas para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por efectuadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 19 de abril de 2024

María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650A

Número de expediente

Número DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada

Resolución e data

36/00155-I/23

53187809X

Denegación 1.2.2024

36/00591-I/23

35466718M

Denegación 7.3.2024

36/00598-I/23

X3956901G

Denegación 1.2.2024

36/00018-I/23

76895398G

Denegación 11.4.2024

ANEXO II

Procedemento BS650G

Número de expediente

Número DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada

Resolución e data

36/00334-X/11

76756696S

Extinción 22.3.2024

36/00049-X/24

35286937S

Denegación 1.2.2024